Categorías

23/6/09

Romance de risa

Se lles interesa
eu voulles contar,
o caso da lingua
que imos xulgar.

Non é de asasinos
nin é de ladróns,
falamos de lingua
que é a nosa paixón.

A lingua galega
naceu do latín,
aínda que lle pese
a algún galopín.

E alá por Santiago
cambiaron os aires
e queren meternos
diglosia nas clases.

E manda ás casas
eses aires novos,
para que as familias
se metan no xogo.

Gastan nas enquisas
a “diestro y siniestro”
e déixannos logo
sen libros de texto.

E tanto Sitroen
para aforrar cartos,
e aquí nin nos queda
diñeiro pro paro.

Pero aquí en Viana
isto non arrasa
porque nos falamos
galego na casa.

Na casa, no bar,
na praza, na escola,
a nós o galego
é o que máis nos mola.

Ben alto dicimos
que o asunto da enquisa,
aquí nesta terra
prodúcenos risa.

Alumnos e alumnas de 3º B ESO