Categorías

14/4/09

Historia da realidade

O cadro non ten límites.
Ocupa unha inmensa parede branca.
Na porta do museo recolle unha anciá
restos de bolsas de plástico nun cubo impoluto.
Un cabalo-dragón olla con tolemia
a pálpebra incendiada que baixa do teito.
Na boca do metro érguense e foxen
tres parellas que desfán o leito da anguria.
Unha nai aperta na esquina esquerda
o corpo do seu neno morto.
Dúas mulleres con saias floreadas
esguellan a mirada cara a miña carpeta
chea de papeis inútiles
na desolada beira da súa casa, no polígono industrial.
Cans, bestas, monstros mitolóxicos
aplastan todo resto de vida.
Un home pídenos moedas para o soño cotiá do seu xantar.
No centro do cadro, baixo a luz mortecina, unha mínima flor
empéñase en resistir...

Madrid, 2 de abril de 2009.

Por Carlos.